Un ano máis, a Eurocidade Tui-Valença pon en marcha o Circuito de Andainas Saudables da Eurocidade, que neste ano 2017 estará composto por oito andainas, dende este mes de marzo ata setembro, realizándose unha andaina ao mes.
As andainas estarán controladas polos monitores dos clubes Celtas do Minho en Valença e AndaTui Rego da Pedra en Tui.
A primeira andaina se realizará o este domingo, 19 de marzo, o Trilho Sabores da Lampreia, que sairá ás 10.00 horas españolas, dende a igrexa de San Pedro da Torre, en Valença.
Como en anos anteriores, o punto de encontro alternativo será no aparcamento do Lidl de Valença, ás 09.45 horas españolas, sendo obrigatorio a inscrición previa a través dos números de teléfono 00351.934.440.770 ou 607.785.601, ou no correo caminhadas.andainas@gmail.com, cun prezo de 5€ por andaina.
Toda a información destas andainas pode encontrarse no facebook “Caminhadas Saudáveis e Andainas Saudable”.
Cómpre salientar que este ano entre todas as persoas que realicen as oito andainas do circuíto sortearanse cinco ceas nos establecementos tudenses O Pote, La de Manu, O Novo Cabalo Furado e Tapas e Viños e no valenciano Esplanada. Amais entre os realicen ao menos sete andainas sortearanse dous lotes de viños de Ramón Bilbao e Canónigo Arenal.
Sem comentários:
Enviar um comentário