quarta-feira, 29 de março de 2017

Abrazo simbólico da Vella Ponte Internacional por escolares de Tui e Valença

Mil escolares de Tui e Valença participan no abrazo simbólico na Vella Ponte Internacional que terá lugar ás 11:30 horas desta mañá co gallo de celebrar o 131 aniversario da ponte. Serán 800 nenos e nenas de Tui e 200 de Valença os que protagonizarán esta conmemoración na que se soltarán 131 pombas e se cantarán dúas cancións para celebrar a unión da Eurocidade.
Esta actividade esta prevista para o pasado 22 de marzo, Día Mundial da Auga, pero tivo que ser aprazada ante a xornada de choiva que houbo para o día de hoxe.