Mañá martes, 21 de marzo, ás 12h na antiga Escola de Chans en Randufe onde ten a súa sede o Centro Comarcal de Atención ao Alzheimer Baixo Miño, terá lugar o acto de sinatura da ampliación do convenio entre o Concello de Tui e AFAGA, a Asociación de Familiares de Alzheímer de Galicia.
Asistirán o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro González, a directora xeral de Maiores, Fabiola García Martínez, e o presidente de AFAGA., Juan Carlos Rodríguez Bernárdez.
Sem comentários:
Enviar um comentário