O Concello de Tui súmase por quinto ano consecutivo á Hora do Planeta que este ano se celebra baixo o tela “O planeta primeiro, que ninguén te pare”. Trátase dunha iniciativa da ONG WWF coa que se pretende concienciar sobre o cambio climático e amosar o compromiso coa defensa do medio ambiente.
Como acto simbólico este sábado, 25 de marzo, de 20.30h a 21.30h apagarase a iluminación da Catedral de Santa María, como o monumento máis emblemático da cidade. Dende o Concello de Tui faise un chamamento á cidadanía a sumarse a esta campaña e apagar tamén as luces este sábado de 20.30h a 21.30h.
Tui é unha das 350 cidades que se teñen sumado en España a esta campaña neste 2017 apagando os seus edificios ou monumento máis emblemáticos.
Sem comentários:
Enviar um comentário