A Oficina Municipal de Turismo de Tui, situada na Praza de San Fernando, recibiu nos meses de xullo e agosto un total de 15.570 consultas. Deste total 4.486 foron realizadas no mes de xullo e 11.084 en agosto. Do turistas que se achegaron ata a cidade nestes dous meses 12.146 eran nacionais e 2.515 estranxeiros. Do total de 15.570 consultas 2.406 foron realizadas por peregrinos.
No mes de xullo houbo 3.347 turistas nacionais e 730 estranxeiros que se achegaron ata este punto de información. O día de maior número de consultas en xullo foi o 24 con 312 demandas de información por parte de turistas e peregrinos.
Mentres en agosto achegáronse ata a oficina de Turismo 8.799 turistas nacionais e 1.785 procedentes doutros países. O día de maior afluencia demandando información foi o 3 de agosto con 522 consultas.
En canto á procedencia dos que se achegaron ata a cidade durante os meses de xullo e agosto no turismo nacional eran principalmente de Madrid, Valencia, e Barcelona, rexistrándose turistas de todas as comunidades autónomas. Mentres que no que se refire ao turismo estranxeiro Portugal, Francia, Inglaterra, Alemaña e Italia foron os principais países de orixe, pero houbo tamén visitantes de Korea do Sur, México, Canadá, Letonia ou Islandia.
A Oficina Municipal de Turismo, na Praza de San Fernando, a carón da Catedral, mantén o horario de verán ata o 2 de outubro abrindo de martes a venres de 10 a 20h e os venres, sábados e domingos de 10.30h a 14.30h de 16 a 19.30h.
Sem comentários:
Enviar um comentário