O próximo luns 15 de setembro comezará o novo curso Escolar 2014/2015 no Conservatorio Profesional e na Escola de Música Municipal de Tui con máis de 300 alumnos. O luns 15 de 18:30h a 20:30h entregaranse os horarios do alumnado no Departamento Didáctico da súa especialidade instrumental. Amais tanto o luns 15 coma o martes 16 de 17 a 19h poderanse modificar os horarios dentro das súas posibilidades.
As especialidades que se imparten no Conservatorio de Tui son piano, acordeón, violín, viola, violonchelo, guitarra clásica, guitarra eléctrica, percusión, gaita galega, saxo, clarinete, frauta traveseira, óboe, trompeta, trombón, trompa e tuba, así coma música e movemento para os máis pequenos.
Dende o Conservatorio informan amais que este ano continuarán a impartir o Curso de Iniciación á Música para Pensionistas e Xubilados. Os interesados en facer este curso poden pasar esta semana dende hoxe luns 8 ata o venres 12 pola mañás polo centro. O curso comezará o próximo martes día 16 coa entrega de horarios de 19 a 13h.
Sem comentários:
Enviar um comentário