O Concello de Tui a e a Consellería de Cultura e Educación da Xunta de Galicia asinaron un convenio de colaboración cultural para a celebración do bicentenario do bispo Rosendo Salvado polo que a Xunta concedeu ao Concello de Tui un importe de 6 mil euros.
Deste xeito Cultura contribúe ao financiamento das actividades realizadas na cidade ao longo deste ano 2014 para celebrar o nacemento en Tui de Rosendo Salvado, considerando necesaria esta colaboración “pola extraordinaria calidade intelectual e humana de Frei Rosendo Salvado e a súa capacidade para crear lazos con pobos culturalmente moi distintas” sinala o departamento dirixido por Jesús Vázquez.
O Concello de Tui, coma localidade natal do bispo, encargouse de difundir socialmente a figura e obra do bispo Salvado, sendo estas actividades as únicas con estas especiais características desenvolvidas en toda a Comunidade Autónoma.
O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, agradece á Xunta de Galicia a sinatura deste convenio lembrando as numerosas actividades celebradas ao longo do ano en Tui en torno ao coñecido coma bispo de Nova Nursia. Explica o rexedor tudense o programa realizado serviu para achegar á poboación a ampla figura de Rosendo Salvado, dende a súa labor cos aborixes en Australia, a súa figura coma compositor e intérprete e mesmo os seus escritos. Despois da celebración deste bicentenario, explica o mandatario tudense, o Bispo Salvado é sen lugar a dúbidas un pouco máis coñecido por todos nós, ao mesmo que a súa ampla obra en moi diversos campos.
Sem comentários:
Enviar um comentário