Susana Fontán, Gustavo Rodríguez, Iván Alonso, Óscar Graña e Ramón Ferro compiten en próximas datas a nivel mundial
Os deportistas tudenses seguen competindo nas súas modalidades deportivas ao máximo nivel, levando o nome da nosa cidade por todo o mundo.
Así, a tudense Susana Fontán participa nestes días no Campionato do Mundo de Tiro Olímpico, que se está disputando en Granada, dende o 6 ao 20 de setembro. Susana Fontán clasificouse onte para disputar as finais na modalidade 300 metros fusil tendido damas, na que competirá con as mellores trinta do mundo.
No caso de Gustavo Rodríguez, onte iniciou o viaxe a China, para disputar o Campionato do Mundo de Triatlón en Distancia Longa. O 21 de setembro, na cidade de Weihai, competirá cos mellores triatletas do mundo nesta distancia.
E os padeeiros do Club Kaiak Tudense, Iván Alonso, Óscar Graña e Ramón Ferro viaxarán en próximas datas a Oklahoma (EEUU), onde participarán no Campionato do Mundo de Maratón de Piragüismo, no que os de Tui agardan revalidar os títulos de Campions do Mundo acadados no ano pasado na cidade danesa de Copenhague.
O Concello de Tui desexa moita sorte a estes deportistas nestes campionatos mundiais, nos que seguro que acadarán moitos éxitos. Tamén desexa felicitar aos remeiros do Club Remo Tui, Nuria Domínguez, Jesús Álvarez e Sergio Pérez, pola súa participación nos Campionatos do Mundo de Remo Olímpico, disputados a finais do mes de agosto, na cidade holandesa de Amsterdam, nos que obtiveron uns magníficos resultados que lles permitirán seguir loitando o próximo ano na clasificación para os Xogos Olímpicos de Río 2016.
Sem comentários:
Enviar um comentário