Iván Alonso acada as medallas de prata en K1 e bronce en K2, e Ramón Ferro e Óscar Graña a de bronce en C2
Magníficos resultados os acadados polos padeeiros do Club Kayak tudense no Campionato do Mundo de Maratón de Piragüismo celebrados a pasada fin de semana na cidade americana de Oklahoma, onde a expedición tudense acadou unha medalla de prata e dúas de bronce.
Iván Alonso Lage revalidou o título de Subcampión do Mundo en K1, ao quedar na segunda posición tras o sudafricano Hank Mc Gregor. O padeeiro tudense mantivo unha forte loita durante toda a regata, pero non puido acadar a primera posición, rematando por diante do portugués José Ramalho, que obtivo a terceira praza.
Na xornada do domingo, Iván Alonso, xunto ao seu compañeiro Emilio Merchán, competiron na modalidade K2, rematando a regata en terceira posición e obtendo a medalla de bronce.
No C2, Ramón Ferro e Óscar Graña, acadaron a medalla de bronce, tras os sudafricanos e a outra parexa española, Tono Campos e José Manuel Sánchez.
O Concello de Tui felicita a Iván, Óscar e Ramón polos excelentes resultados neste Campionato do Mundo. O Concello tamén desexa moita sorte a Ana Varela, dado que a padeeira do Club Kayak Tudense viaxará proximamente a Sevilla para concentrarse permanentemente coa Selección Nacional, na súa preparación para os Xogos Olímpicos de Río.
Sem comentários:
Enviar um comentário