O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, recibiu esta semana na Casa do Concello aos participantes no XIV Encontro Inter-Bienal do Grupo Especializado de Termodinámica - GET 2014 organizado polo Departamento de Física Aplicada da Universidade de Vigo.
O principal obxectivo do encontro foi proporcionar aos participantes, profesores universitarios de toda España, unha visión global da investigación no campo da Termodinámica, presentando as novas liñas de interese e as posibilidades de cara á realización de investigacións interdisciplinares. Amais das conferencias e ponencias os participantes puideron gozar tamén da contorna do Baixo Miño, xa que o congreso tivo lugar no Talaso Atlántico en Oia, e da visita guiada realizada ao Conxunto Histórico de Tui e a S.I. Catedral.
Precisamente no marco da visita a Tui o alcalde, Moisés Rodríguez recibiu aos congresistas encabezados polo presidente do comité organizador, o profesor José Luis Legido Soto. O rexedor tudense salientou a importancia de que estes profesores universitarios de toda España coñezan de primeira man o proxecto da Eurocidade Tui- Valença, así coma o patrimonio tudense.
Sem comentários:
Enviar um comentário