A
música encherá a praza de San Fernando, en Tui, co festival Sons de
Fronteira que se vai celebrar este venres 5 e sábado 6. Organizado
polo Concello de Tui, Foro Tude, ADEGA e Radio Municipal coa
colaboración de Monumental e O Novo Cabalo Furado o jazz será o
protagonista nos catro concertos programados.
A presentación de Sons de Fronteira
tivo lugar esta mañá na Casa do Concello de Tui a cargo do alcalde,
Moisés Rodríguez, o concelleiro do Conxunto Histórico, Nicolás
Lorenzo, e o responsable da ADEGA, Santiago Pérez.
O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez,
sinalou que a música estará acorde co entorno no que se vai
celebrar o festival, aos pés da Catedral de Tui. Salientou coma o
espírito desta iniciativa é o de cooperación, ao tempo que
sinalou a proxección que esta actividade poderá ter tanto polo
cartel que presenta coma pola dinamización da zona monumental, coma
pola repercusión que terá na hostalería e no comercio local.
Nicolás Lorenzo, concelleiro do
Conxunto Histórico, explicou que Sons de Fronteira continúa o
camiño andando durante dous anos polo festival de jazz organizado
por distintos establecementos do casco histórico, aos que agora se
suma o Concello de Tui na organización. Salientou coma esta
actividade busca revitalizar esta zona da cidade do mesmo xeito que o
están a facer xa o Mercado da Verdura, o Mercado de Nadal ou a Festa
do Pracer. Avanzou amais o edil coma o festival de cara a próximas
edicións fará unha apertura cara outros estilos musicais. Salientou
coma o cartel do evento, realizado pola deseñadora local María
Rodríguez, plasma perfectamente o espírito do festival.
Santiago Pérez, propietario da Adega,
agradeceu ao Concello de Tui a acollida deste evento que naceu da
iniciativa privada. Ao tempo explicou que o venres ás 20h actuará
Joao Mortagua Trío, e ás 23h Álvaro Vieito Cuarto, e o sábado ás
20h José Manuel Díaz Trío e ás 23h Alberto Vilas Quinteto
presentando o seu novo traballo discográfico “Crónica Cromática”.
Debido á celebración de Sons de
Fronteira dende o venres ás 15h os vehículos non poderán acceder
ao Conxunto Histórico dende a Porta da Pía, e estará prohibido o
estacionamento tanto na Praza do Concello coma na de San Fernando.
Sem comentários:
Enviar um comentário