O pasado luns, 15 de setembro, comezaron a traballar no Concello de Tui 20 persoas, perceptoras da Risga cunha antigüidade mínima de 6 meses coma demandante de emprego, grazas a subvención concedida con este obxectivo pola Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia. A achega da Xunta ascendeu a 181.479,06€
En concreto foron contratados 14 peóns, 4 oficiais de segunda e 2 auxiliares administrativos cun contrato a tempo parcial de 6 horas diarias por un período de sete meses.
Sem comentários:
Enviar um comentário