Este domingo, 28 de setembro, Tui vai celebrar a III Festa do Pracer no Conxunto Histórico de Tui cun amplo programa de actividades ao longo da xornada. A festa que estaba prevista para o pasado 14 de setembro tivo que se suspendida naquela data polas adversas condicións meteorolóxicas.
O seu obxectivo é darlle vida ao Conxunto Histórico da cidade, servindo de reclamo para a visita desta zona tanto para os propios tudense coma para todos aqueles que se queiran achegar a esta festa. O concelleiro do Conxunto Histórico, Nicolás Lorenzo, explicaba coma a festa naceu hai tres anos para celebrar o centenario da urbanización da Praza do Pracer, e como a boa acollida por parte dos veciños e dos visitantes levou ao Concello a continuar a aposta por esta actividade. O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, salienta o atractivo desta festa nun entorno único e convida a achegarse o domingo ás diferentes actividades programadas.
As prazas do Pracer, San Telmo e A Estrela así como o Paseo Fluvial serán os lugares onde se leven a cabo as diferentes actividades con actuacións da Banda de Gaitas de Pexegueiro, do Grupo de baile San Xoán de Paramos, e da Escola de Música e Baile San Fins de Rebordáns. Amais o fin de festa correrá a cargo do grupo Pesdelán. Pero tamén está programa unha sesión de contos con Baobab Teatro, e un número de circo áreo. Non faltará a gastronomía presente en oito postos de establecementos locais na Praza da Estrela. Tamén haberá postos de artesanía a cargo de artesáns tudense, e demostración de oficios tradicionais.
Programa de actividades
- Domingo 14
ÁS 12h Banda de Gaitas de Pexegueiro na Praza do Pracer
ÁS 12.30h Sesión de contos con Baobab Teatro na Praza de San Telmo
Ás 13h inicio da Festa Gastronómica na Praza da Estrela con 8 postos
Ás 16h Grupo de baile San Xoán de Paramos
Ás 17h Circo Expreso “Un día de Praia” no Paseo Fluvial
Ás 18h Escola de Música e Baile San Fins de Rebordáns
Ás 19h Concerto de Pesdelán na Praza do Pracer
- Haberá exhibición de oficios antigos, e 8 postos de artesanía local
- Organiza: Concello de Tui
Sem comentários:
Enviar um comentário