Mellorar a empregabilidade dos alumnos completando a súa formación de cara a súa inserción no mundo laboral é o obxectivo dos tres cursos concedidos pola Xunta ao Concello de Tui ao abeiro da programación de accións formativas dirixidas prioritariamente ás persoas traballadoras desempregadas. Dous deles xa comezaron no mes de agosto e un terceiro farao o próximo día 18 reunindo en conxunto a 49 persoas que melloran a súa cualificación profesional. A achega da Xunta de Galicia, ao través da Consellería de Traballo e Benestar, superou os 137 mil euros.
O primeiro dos cursos en comezar, o 1 de agosto, foi o de “Instalación de elementos de carpintería” que conta con 578 horas lectivas. Conta cunha achega por parte da Xunta de Galicia de 56.154€ e no mesmo se forman 13 persoas.
O pasado 11 de agosto comezou o curso de “Montaxe de mobles e elementos de carpintería” que conta con 13 alumnos e 538 horas lectiva. A subvención da Xunta acadou neste caso os 51.888,00 euros.
Por outra parte o 18 deste mes de setembro comezará o curso de “Operacións auxiliares de montaxe de redes eléctricas” para o cal a Xunta achegou 29.090,50 euros. A súa carga lectiva é de 298 horas. Os tres cursos vanse prolongar ata o 26 de novembro.
Con estes cursos o Concello de Tui prosegue coa súa aposta pola formación grazas á colaboración da Xunta de Galicia. Estas actividades formativas súmanse as realizadas en anteriores coas mesmas características así coma aos obradoiros de emprego, cos que se busca facilitar a persoas en situación de desemprego a formación e os coñecementos precisos para o seu acceso ao mundo laboral.
O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, e o concelleiro de Formación e Emprego, José Ángel Villaverde, visitaron hoxe os dous cursos que comezaron o pasado mes de agosto, desexando que os alumnos fagan un bo aproveitamento dos mesmos.
Sem comentários:
Enviar um comentário