O Concello de Tui informa que a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) ampliou ata o 30 de setembro o prazo para que tanto os particulares coma as pemes poidan solicitar axudas para a contratación de internet vía satélite.
Estas axudas, destinadas a cidadáns e pemes que non poidan contratar acceso a Internet de cando menos 2 Mbps, están destinadas a sufragar os gastos de instalación así como o custo do router wifi, cunha contía máxima de 150 euros e condicionadas á contratación dun servizo de cando menos 2Mbps cun período de permanencia de doce meses.
As persoas interesadas na contratación deste servizo poden facelo a través de calquera das empresas acreditadas como entidades colaboradoras pola Xunta de Galicia.
A día de hoxe xa se beneficiaron do programa de axudas a conexión á Internet vía satélite máis de 2.000 usuarios, para este ano o investimento previsto ascende a 359.000 euros.
Os interesados en solicitar estas axudas poden dirixirse á Oficina de Banda Larga a través da dirección de correo electrónico oficina.bandalarga@xunta.es ou no teléfono 981 95 78 68, en horario de luns a venres de 9:00 a 15:00h.
Sem comentários:
Enviar um comentário