Este sábado, 6 de setembro, a partir das 17h terá lugar unha Xornada de Portas Abertas na Antiga Escola de Chans, en Randufe, que foi restaurada polos Obradoiros de Emprego “Tui Emprende” 2012 e 2013.
A xornada comezará ás 17h coa apertura de portas e coa actuación de seguido do grupo de gaitas Xuntanza de Randufe. Ás 17.30h está prevista a intervención de catro veciños de Randufe: Amparo Vázquez, Fortunato González, Alberto Romero, e Serafín Vaz; que estudaron nesta escola e narrarán aos asistentes as súas lembranzas na mesma. A continuación intervirá o pedáneo da parroquia, Baltasar Fernández, e a concelleira de Randufe, Olga Montes, e o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez. Durante o acto serán proxectadas fotografías antigas que reflicten a historia do inmoble, e se procederá ao descubrimento dunha placa conmemorativa.
Aqueles que o desexen poderán achegarse a coñecer as instalacións remozadas da Antiga Escola este sábado, 6 de setembro, de 17 a 19h.
Historia do edificio
O edificio foi levantado sobre as parcelas mercadas a comezos do século XX pola Sociedade de Obreiros e Agricultores de Randufe, estimándose que a construción pode datar de 1906, tal e coma figura nunha das lousas da fachada.
A escola, tras anos en desuso, foi rehabilitada polos 54 alumnos dos obradoiros “Tui Emprende” que ao tempo se formaron en distintas especialidades mellorando así a súa formación de cara ao acceso ao mundo laboral. En 1961 o pleno da corporación municipal de Tui acordou a compra do edificio levando a cabo unha gran reforma do inmoble para adaptar a escola con vivenda de mestres. Ata o curso 1997/98 a escola acolleu aos alumnos de 3, 4 e 5 anos da parroquia de Randufe. A partir de entón o edificio quedou en desuso ata que o Concello de Tui, coa colaboración da Xunta de Galicia, en 2012 iniciou as obras de restauración.
Sem comentários:
Enviar um comentário