terça-feira, 9 de setembro de 2014

INSCRICIÓNS PARA AS ESCOLAS DEPORTIVAS DE PATINAXE, FÚTBOL E BALONMÁN

O Concello de Tui informa que da apertura do prazo de inscrición para as Escolas Deportivas  da Deputación que neste novo curso, con carácter gratuíto, se van impartir no Concello de Tui.  Comezarán o mércores 1 de outubro, contando coas tres modalidades deportivas dos anos pasados:
Patinaxe, a través da Federación Galega de Patinaxe e o Club Ribex
Balonmán, a través da Federación Galega de Balonmán e o Club Balonmán Tui, e
Fútbol, a través da Federación Galega de Fútbol e o Club Deportivo Ribadelouro
PATINAXE
A Escola Deportiva de Patinaxe contou o pasado curso na cidade con 160 nenas/os. Vai dirixida a nenos e nenas de 5 a 15 anos. As clases este curso serán os luns e os mércores, a cargo dos monitores do Club de Patinaxe Ribex de Tui coordinados pola Federación Galega de Patinaxe e o Concello de Tui.
As inscricións levaranse a cabo nas seguintes datas, presentando a solicitude de inscrición cumprimentada, que pode descargarse a través da páxina web http://www.depo.es/web/edepo/218 o recoller na secretaría do Concello de Tui:
Patinadoras/es participantes nas EEDD de Patinaxe no ano 2013-2014, inscribiranse os días 16, 17, 18 e 19 de setembro, dende as 09.00 ata as 14.00 horas, na secretaría do Concello de Tui.
Patinadoras/es novas/os, inscribiranse os día 22 e 23 de setembro, dende as 09.00 ata as 14.00 horas, na secretaría do Concello de Tui.
Os listados de admitidos publicaranse o luns 29 de setembro.
BALONMÁN
Con máis de 200 participantes na tempada 2012-2013, a actividade de balonmán seguirá sendo subvencionada pola Deputación e realizada polos monitores do Club Balonmán Tui, coa coordinación da Federación Galega de Balonmán e o Concello de Tui.
As inscricións realizaranse a través dos colexios, presentando a solicitude de inscrición debidamente cumprimentada.
FÚTBOL
Esta actividade realizarase de novo este ano no Campo Municipal de Fútbol de Ribadelouro, cos adestradores do Club Deportivo Ribadelouro, en coordinación coa Federación Galega de Fútbol e o Concello de Tui.
A actividade irá dirixida a nenos e nenas de 5 a 15 anos, sento totalmente gratuíta.
As inscricións realizaranse no Concello de Tui, presentando a ficha de inscrición debidamente cumprimentada, dende o martes 16 ata o venres 19 de setembro, dende as 09.00 ata as 14.00 horas, ou no Campo Municipal de Ribadelouro, de luns a venres de 18.30 a 21.00 horas, cos responsables do club.

Sem comentários:

Enviar um comentário