O Cárcere Vello no Conxunto Histórico de Tui volverá acoller este sábado o Mercado da Verdura. Dende o pasado mes de abril cada segundo e último sábado de mes este espazo acolle unha cita cos produtores ecolóxicos da zona que achegan ao público os produtos de temporada. Será de 10 a 14h.
Amais coma novidade este sábado haberá un obradoiro de Cultivo de Cogomelos. Será en horario de 10 a 14h cun prezo de 25€. Correrá a cargo de Miguel Ángel Rodríguez quen fará unha introdución á funxicultura, abordará as propiedades nutritivas e medicinais e conservación dos cogomelos, amais de achegar a clasificación dos fungos, factores de crecemento, obtención e multiplicación do micelio, e fases de cultivo entre outros. Os interesados débense inscribirse en Los Caprichos de Moffy na rúa Porta da Pía.
Compre lembrar que a organización do Mercado da Verdura corresponde ao Concello de Tui xunto a APEGA, a Asociación de Produtores Ecolóxicos de Galicia, e Foro Tude.
Sem comentários:
Enviar um comentário