Para hoxe, o Campus recibirá a visita de Pepe Casal, ex preparador físico de xogadores coma Pau Gasol e Juan Carlos Navarro. Mañá pola mañá estará o xogador do Club Ourense Baloncesto, Salva Arco
Arredor de 100 xogadores e xogadoras procedentes das canteiras de equipos galegos e portugueses pertencentes a equipos ACB, ADECCO e LEB, participan dende o pasado luns, e até este sábado, no IV Campus de Tecnificación de baloncesto Joe Arlauckas de Tui.
O Concello de Tui presentou onte, ás 12.30h. no Parador de Tui, o IV Campus de Baloncesto Joe Arlauckas. O acto contou coa presenza do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, do concelleiro de Deportes Laureano Alonso, do ex baloncestista e representante do Campus Joe Arlauckas, da baloncestista, Elena de Alfredo, ademais do presidente do CB Tui, Juan Cal e do responsable da organización do Campus, Ismael Rodríguez.
O Campus dispón sesións de adestramento de mañá e de tarde, tanto colectivos como individuais, ademais de práctica de tiro, defensa, mellora do xogo de costas ao aro, etc. O Campus tamén se complementará con mini-ligas de verán, concursos deportivos, actividades recreativas, charlas con profesionais do baloncesto, encontros con axentes de xogadores, etc.
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, agradeceu o labor e felicitou a todos os que traballaron por facer posible a cuarta edición deste evento deportivo e prometeu nun futuro, un maior esforzo económico por parte do Concello. Asemade, quixo trasladar o convite a todos os veciños e veciñas de Tui a que acudan a ver o Campus e asistan ás actividades.
Pola súa banda, Laureano Alonso explicou que este Campus se trata dun dos eventos máis destacados do panorama deportivo tudense e que servirá para que os cativos se familiaricen coa práctica deportiva no baloncesto.
Dende o CB Tui deron conta que o Campus creceu exponencialmente en todo este tempo, xa que hai tres anos contaban con 30/40 nenos participantes e arestora xa son 100, procedentes tanto da contorna, como de Portugal. Tamén quixeron destacar que os obxectivos de realizar este Campus pasan porque os mozos aprendan as técnicas do baloncesto e se divirtan; que o nome de Tui estea no mapa do baloncesto a nivel estatal e que o Campus se sitúe como referente no panorama nacional.
O Campus está dirixido polo ex xogador da NBA e do Real Madrid Joe Arlauckas, xunto a un equipo de adestradores superiores como Rafa Monclova (Sevilla Baloncesto), Cesar Iglesias (Selección Galega), José Miguel González e Miguel Ángel Simón (C.B. Tui) e da fisioterapeuta Marta Zurro (Selección absoluta de Angola e Selección de Castela e León).
ara hoxe o Campus recibirá a visita de Pepe Casal, ex preparador físico de Pau Gasol, Juan Carlos Navarro, Tamara Abalde ou Nuria Martínez, adestrador do Obradoiro CAB no 1º ascenso a Liga ACB, e ex preparador físico das Seleccións FEB. Estará no Campus para dar unha charla-conferencia sobre preparación física, será no salón de actos do Seminario Menor de Tui. Tamén contarán coa presenza mañá pola mañá do xogador do Club Ourense Baloncesto, Salva Arco.
Sem comentários:
Enviar um comentário