Actuarán na praza de San Fernando as bandas de Monção e Tui ás 22.30h.
A Praza de San Fernando será o escenario onde mañá venres, 31 de xullo, se celebre o XXIV Festival de Bandas de Música de Tui. A partir das 22.30h o público poderá gozar do son das bandas de música populares nun evento con longa tradición no verán tudense. Este ano van participar a Banda Musical de Monção e a Banda de Música Popular de Tui.
A Banda de Música de Monção naceu no ano 1792 e conta con 223 anos de existencia. En 2006 consigue un dos feitos máis importantes da súa historia, ó consagrarse vencedora do Concurso Nacional de Bandas Filarmónicas da Cidade de Aveiro. A Banda Musical de Monção, conta neste momento con 90 músicos, sendo a maioría deles da casa. A escola de música ten arestora 70 alumnos. O seu director é José Vicente Simeó, nacido en Valencia. Dirixiu Bandas Sinfónicas de Música, como a Municipal de Tui, a de Ourense, O Rosal, Unión Musical de Alacuas (Valencia), Viana de Castelo... Actualmente é Profesor Superior de Música da Cámara no Conservatorio Superior de Castellón (Valencia), compositor e mestre da Banda Musical de Monção.
A Banda Musical de Monção vai interpretar:
Palha Blanco - Afonso Alves
Carnaval de Veneza - Arranjo José Vicente Simeó
Príncipe Igor - AleKsandr Borodin
Libertadores - Oscar Navarro
A Tribute to Harry James - Naohiro Iwai
A Banda de Música Popular de Tui está dirixida por Adolfo Besada e integrada por 60 músicos. Afunde as súas raíces a finais do século XIX, mantendo unha actividade permanente dende a década dos oitenta. Nestas case tres décadas ten ofrecido numerosos concertos tanto en Galicia coma en Portugal, así coma en Valencia, Salamanca, Asturias, Madrid ou Bos Aires. Esta agrupación ten tanto na Escola de Música de Tui coma no Conservatorio unha excelente canteira de músicos que integran as súas filas.
A Banda de Música Popular de Tui vai interpretar:
Fiel. Pasodoble de concerto- Ventura Cartagena
Sitio de Zaragoza- Fantasía Militar- Emilio Cebrián Ruiz
Fantasía en Do- David Fiuza
Crema de Whisky para gaita e banda-E.Campos
Reflections of this Time (reflexións deste momento)- Ted Huggens
Sem comentários:
Enviar um comentário