terça-feira, 28 de julho de 2015

O Concello de Tui notifícalle ós cidadáns os horarios da Unidade Móbil de Inspección Técnica de Agrícolas

O Concello de Tui fai públicas as datas dos horarios nos que estará na cidade a Unidade Móbil de Inspección Técnica de Agrícolas. 
Estará no municipio os próximos días 10 e 11 de agosto deste ano en curso na Nave de Guillarei. O horario de atención ao público será pola mañá dende as 9h. até as 13:30h. e polas tardes de 15:15h. a 18h.
Para solicitar cita previa facilítase o número de teléfono 902 30 90 00 ou ben a través da páxina web www.sycitv.com

Sem comentários:

Enviar um comentário