O Concello de Tui informa que durante este venres, día 3 de xullo, dende as sete da mañá non se poderá usar o aparcadoiro da traseira da Área Panorámica. O motivo é que se farán obras de adecuación do firme da vía.
Esta actuación será levada a cabo pola maquinaria da mancomunidade. Prevese que as obras rematen no mesmo día, este venres. Unha vez estean finalizadas abrirase de novo o aparcadoiro.
Sem comentários:
Enviar um comentário