Esta acumulación dos pagamentos débese a decisión tomada polo anterior goberno de xuntar os recibos pendentes nunha sola anualidade. A falta de lectura dos contadores no cuarto trimestre 2013 fixo que o consorcio facture un consumo estimativo, inxusto na maioría dos casos
O alcalde de Tui, invita a que todos os cidadáns afectados presenten reclamacións por rexistro de entrada, e logo dende o concello negociarán co ORAL a posibilidade de que poidan fraccionar o pago
O Concello de Tui negociará co ORAL para fraccionar o pago das facturas acumuladas que recibiron moitos veciños da cidade. Esta acumulación dos pagamentos débese a falta de lectura dos contadores no período do cuarto trimestre do ano 2013 e polo tanto, agora están a chegar facturas nalgúns casos desorbitadas xa que o non haber lectura o consorcio facturou un consumo estimativo.
Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui, explica que isto ocorreu porque o anterior goberno municipal, antes de entrar o novo consorcio, decidiu xuntar os recibos e facturas pendentes nunha anualidade, para logo traspasarlle o servizo ó consorcio. Enrique Cabaleiro dá conta que para levar isto a cabo, tramitaron un procedemento que entende coma “irregular”.
O rexedor de Tui deu conta do informe realizado pola tesoureira do Concello, no que fai constar que a falla da lectura dos contadores correspondentes ó cuarto trimestre do ano 2013 é debida a unha falta de responsabilidade do persoal dedicado a este traballo, e por conseguinte tamén do responsable político do mesmo. Todo isto ten como resultado un agravio a aquelas casas pechadas ou que consumen pouco, xa que se lles aplicará un consumo non real. Pola contra, aquelas vivendas que gastan moito veranse beneficiadas porque se lles aplicará un consumo mínimo.
O alcalde de Tui, invita a que todos os cidadáns afectados presenten reclamacións por rexistro de entrada, e logo dende o concello negociarán co ORAL a posibilidade de que poidan fraccionar o pago.
Para aqueles que xa pagaron o recibo, Enrique Cabaleiro insiste que presenten igualmente as reclamacións por rexistro de entrada. O rexedor tudense quixo destacar que esta decisión de acumular os pagos foi tomada o 5 de marzo do 2015, asinada polo anterior alcalde, e non é responsabilidade do seu goberno, como algunhas fontes sinalan.
Sem comentários:
Enviar um comentário