O Bando tamén detalla as datas de perigo alto de lumes, que abranguen dende o 1 de xullo ó 30 de setembro
O Concello de Tui, segundo establece a orde da Consellería do Medio Rural e do Mar da Xunta de Galicia, publica nun Bando as zonas de alto risco de incendios. No Bando ademais, especifícase coma época de perigo alto de incendios forestais as datas comprendidas entre o 1 de xullo e o 30 de setembro.
A información achegada pola Xunta ó Concello de Tui detalla as zonas de alto risco de incendios. Así, executar traballos que supoñen o emprego de maquinaria agrícola ou forestal en terreos forestais obriga a ter un dispositivo de retención de chispas, antilapas e equipamento de extinción; as queimas controladas, agrícolas ou a realización de fogueiras supoñen un risco extremo de incendios. Tamén fumar en terreos forestais e facer acampadas en zonas non habilitadas poden xerar lumes con moita probabilidade nesta época do ano.
Pola súa banda, a Consellería do Medio Rural e do Mar incide que o uso do lume nas festas locais e a utilización de foguetes requirirá a autorización do concello, 48 horas antes de realizarse.
Sem comentários:
Enviar um comentário