Denis Suárez e Rubén Estévez sorprenderon aos participantes coas súas visitas
O Club Deportivo Caldelas organizou a semana pasada, o seu primeiro
campus de fútbol, no que máis de cen nenos e nenas, de 3 a 12 anos,
participaron no campo municipal de fútbol de Caldelas, nas
actividades organizadas polos adestradores e monitores do club.
A
actividade foi todo un éxito de participación, dado que tres
semanas antes de empezar o campus, a organización pechou a
inscricións ó estar as prazas esgotadas.
Os
participantes tiveron dúas sorpresas, xa que o xoves estiveron
acompañados polo xogador galego do Sevilla F.C., Denis Suárez, e o
venres polo ex-xogador de primeira división Rubén Estévez, que
compartiron momentos de charla e clases de regate e tiro cos nenos e
nenas.
Con
esta iniciativa, que se repetirá o próximo ano coa segunda edición
do campus do C.D.Caldelas, o club desexa recrutar nenos e nenas
nacidos dende o 2002 ata o 2011, para formar novas categorías de
cara á próxima tempada.
O
Concello de Tui felicita aos directivos do Club Deportivo Caldelas
por esta iniciativa, que foi un éxito de participación, que
asegurará a ampliación das categorías do club, seguindo co fomento
do deporte base no noso concello.
Sem comentários:
Enviar um comentário