A presentación oficial do festival Música no claustro tivo lugar hoxe xoves ás 12h na propia Catedral. A 11ª edición do festival realizarase do 7 ao 9 de agosto de 2015, baixo o leitmotiv #contrastes.
Samuel Diz, director artístico do festival, deu a benvida aos representantes das institucións patrocinadoras e medios de comunicación cun breve percorrido polos diferentes espazos do conxunto monumental catedralicio, coma os arcos románicos, o coro barroco, o museo da Catedral ou o Claustro, no que se descubriron in situ os diferentes concertos, obradoiros e actividades programadas para a vindeira semana.
Xunto á actuación da cellista Lucía Vicente Martínez, o percorrido rematou no xardín da Catedral. No acto de presentación estiveron o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, a concelleira de Cultura, María José González, o cóengo da Santa Igrexa Catedral de Tui, Don Ricardo García, o xefe do Servizo de Coordinación Cultural da Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en Pontevedra, José Manuel González, e a xerente da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño da Consellería de Economía e Industria, Elena Fabeiro.
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, agradeceu ós coordinadores a realización deste evento, que poñen á cidade nunha esfera que traspasa o ámbito local. Ademais, Música no Claustro pon en valor o patrimonio e o valor humano, xa que nel moitos músicos novos de Tui poden comezar a actuar. Enrique Cabaleiro.
Elena Fabeiro, xerente da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño da Consellería de Economía e Industria, mostrou o agradecemento coa organización de Música no Claustro e a satisfacción por poder participar.
José Manuel González, xefe do Servizo de Coordinación Cultural da Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en Pontevedra destacou o esforzo das organizadores en realizar unha proposta clara e moi identitaria.
O cóengo da Santa Igrexa Catedral de Tui, Don Ricardo, quixo expresar que Música no Claustro pon en valor principios locais e os dá a coñecer grazas a músicos da cidade.
Sem comentários:
Enviar um comentário