sexta-feira, 24 de julho de 2015

O Concello de Tui e a Eurocidade organizan este domingo a Andaina Ciclópea


O Concello de Tui e a Eurocidade Tui-Valença organizan este domingo día 26 de xullo, ás 10h. a Andaina Ciclópea.
O percorrido iniciarase dende o Parque Natural do Monte Aloia, concretamente o punto de partida está no aparcadoiro da Casa Forestal. Trátase dunha pequena rota, de seis quilómetros, con grao de dificultade fácil e cunha duración aproximada de dúas horas e cuarto.
Nesta andaina, denominada paisaxística-cultural, poderanse ver lugares de singular beleza do noso municipio.

Sem comentários:

Enviar um comentário