Esta asociación nace coa intención de xerar un foro de debate e divulgación das ideas liberais e contraste coas mesmas, e aspira a traer a Tui a persoeiros de primeiro nivel no ámbito académico liberal dentro do contexto galego e ibérico, tamén promover conferencias sobre diversas cuestións que afectan á xestión empresarial ou ao marco institucional necesario para que a actividade emprendedora poida ter éxito.
O vindeiro venres, 29 de xaneiro, ás 20:30 horas o Liceo Casino acollerá a primeira conferencia que organizan, o ponente será Guillermo Pérez Aboy, Xerente da división do granito e distribución maiorista de Levantina e Presidente do Cluster do granito, a conferencia terá por título "La globalización en el mercado de la piedra" e a entrada é libre.
in Tui Opina
Sem comentários:
Enviar um comentário