O concelleiro de Servizos Sociais do Concello de Tui, Laureano Alonso, reuniuse este mediodía co director-xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, en Pontevedra. A reunión tiña por obxectivo tratar o problema das humidades que están a afectar á Escola Infantil da Galicia Azul na cidade, e por outra trasladar o interese do Concello en converter o edificio do actual centro de saúde en Centro de Día.
No referido ás humidades da Escola Infantil Galiña Perfecto Rodríguez explicou a Laureano Alonso que obra está en garantía polo requiriron a empresa adxudicataria o seu arranxo. No tocante ao Centro de Día, o xerente do Consorcio comprometeuse a dar traslado desta solicitude á Consellería de Política Social para estudar a viabilidade tanto técnica como económica desta proposta
Sem comentários:
Enviar um comentário