domingo, 13 de março de 2016

Área recreativa da Abilleira

No que antigamente fora unha canteira, na que se recuperou o espazo con recheos de terra, atopamos esta fermosa área recreativa, situada ao pe da Serra do Galiñeiro e a 100 m do regato San Simón, tamén coñecido polos amantes da pesca por ser un  regato moi troiteiro. Aproximadamente a 500 m, na ladeira da serra, atopase a famosa cova da Trapa, redescuberta no ano 2007, co valor engadido de ser a segunda cova granítica mais longa de Europa e a  curiosidade do interese que se di que puxeron nela os investigadores da NASA.
 O arborado da área está formado principalmente por frondosas caducifolias como carballos e bidueiros,
ten tamén árbores de carácter máis ornamental como o liquidámbar.
 Próxima a esta Área, no barrio do Cotarel, ao carón do  río San Simón, hai un muíño no que se sigue moendo hoxe en día, e no lugar instaláronse unhas mesas con asadores e balancíns para os mais pequenos, que tamén se bañan nun remanso que fai o regato San Simón.
Concello:    Tui
Parroquia:  Ribadelouro
Lugar:         Porto de Bouzas
 Coordenadas Datum WGS 84, huso UTM 29 T:     X    528115 Y  4661330
 Instalacións:    - Acceso a persoas con discapacidade
                         - Fonte – Auga potable
                         - Bancos e mesas
                         - Asadores
                         - Parque infantil
                         - Parque adultos
                         - Pistas deportivas      
Acceso:            Coche: Si      Autobús : Si
in ANABAM

Sem comentários:

Enviar um comentário