O cinema chega este venres, 11 de marzo, ás 19.30h ao Teatro Municipal de Tui coa proxección da película de animación infantil "Meigallos" de Agallas Films.
Recomendada para público familiar, a partir dos catro anos, o filme conta a historia de Lalilas, a avoa de Malva, que é secuestrada pola dona dunha fábrica de cosméticos para conseguir os seus segredos preparados tradicionais. Malva embárcase nunha intensa misión de rescate para recuperar a súa avoa, unha aventura que a leva interesarse tamén polos seus medicamentos naturais.
Entradas á venda en www.culturatui.info ata o venres ás 12h ou o venres dende ás 18h no despacho de billetes ao prezo de 3,5€ e 2,5€.
Sem comentários:
Enviar um comentário