O obxecto das presentes bases é regular o procedemento para a selección e adxudicación do “Concurso de pintura mural” para pintar 3 pontes de entrada a Tui, cuxa finalidade é lograr o deseño e o debuxo de tres pontes no Concello de Tui.
As concellerías de Turismo, Cultura e Limpeza e Medio Rural do Concello de Tui convocan o presente “CONCURSO DE PINTURA MURAL” coa finalidade de prestixiar e difundir a obra de artistas creadores de pintura mural, ademais de promover a súa creatividade. O concurso rexerase polas seguintes bases:
Base 1.- É a intención das concellerías de Turismo, Cultura e Limpeza e Medio Rural do Concello de Tui acercar a paisaxe e a natureza os cidadáns e os turistas.
Base 2.- Os deseños do bosquexo presentado deberán facer referencia ao río Miño, ao Monte Aloia ou a conxunto histórico tudense.
Base 3.- Poderán participar todos aqueles artistas residentes en España. Poderán facelo de forma individual o en grupo, cun máximo de catro compoñentes. Aqueles que sexan menores de idade no momento de inscrición deberán contar coa autorización do pai, nai ou titor/a legal
Base 4.- Cada participante deberá presentar un só bosquexo. Para participar, os artistas interesados deberán cumprimentar a ficha de inscrición e achegar, nun sobre pechado:
- Un só bosquexo co traballo que vaian realizar en caso de ser seleccionados. Os bosquexos deben ser orixinais, en cor, realizados en soporte adecuado (papel, táboa, lenzo, etc.) e cun tamaño máximo de 86 x 26 cm ou proporcionalmente inferior. Na parte posterior do bosquexo deberán indicar nome e apelidos do autor.
- Fotocopia do DNI de cada un dos participantes.
- No caso de menores de idade, autorización do pai, nai ou titor/a legal da participación neste certame, así como para calquera circunstancia relacionada co mesmo.
- A ficha de inscrición que figura como anexo 1 debidamente cuberta.
Toda a documentación enviarase por correo ó Concello de Tui ou presentarase por Rexistro de Entrada antes das 14h do xoves, 15 de setembro de 2016.
Praza do Concello 1. 36.700 Tui – Pontevedra. Teléfono 986 60 36 25 prensa@concellotui.org
www.concellodetui.org | Facebook | Twitter
Nota de Prensa
Base 5.- O estilo e técnica da pintura será libre e os traballos que se presenten deberán ser inéditos. Non se admitirán traballos con contidos violentos, sexistas, obscenos ou xenófobos.
Base 6.- As concellerías de Turismo e Cultura do Concello de Tui seleccionarán, de entre todos os presentados e atendendo a criterios de orixinalidade, creatividade e calidade, un bosquexo correspondente para cada ponte. Un mesmo participante só poderá ser seleccionado cun traballo. A cada traballo seleccionado asignaráselle unha das tres pontes, nas que o autor realizará a pintura definitiva.
Base 7.- A fase final do concurso desenvolverase en cada unha das tres pontes a pintar do Concello de Tui. Os seleccionados disporán dun máximo de 15 días desde a notificación da selección para realizar o deseño. Os concursantes gañadores proveranse das pinturas e dos materiais que consideren necesarios para realizar o traballo, e serán pagados ditos gastos polas concellerías de Turismo e Cultura do Concello de Tui, cun importe máximo a xustificar polo seleccionado de 300 euros por ponte. O Concello de Tui porá a disposición do artista dos medios necesarios para a execución da obra, (estada, escadas, etc.).
Base 8.- Premios
Os/as gañadores/as recibirán un premio de 300 euros por cada ponte.
Base 9.- O xurado do concurso, designado ó efecto, estará composto por:
- O alcalde do Concello de Tui, Enrique Cabaleiro.
- O concelleiro de Medio Ambiente do Concello de Tui, José Martínez Tato.
- A concelleira de Cultura do Concello de Tui, María José González.
- A redactora da Radio Municipal de Tui, Beti Rey.
O xurado valorará os traballos presentados e decidirá, conforme os criterios descritos na fase de selección, os/as participantes ou grupos gañadores.
A proposta do fallo será decidida polo xurado por maioría, podendo declararse deserto. O fallo será inapelable. O xurado resolverá calquera imprevisto que xurda durante o desenvolvemento do concurso. Así mesmo, o xurado poderá resolver o concurso como deserte se os traballos presentados non acadan a calidade requirida.
Base 10.- Os/as autores cederán ás concellerías de Turismo e Cultura de forma gratuíta os dereitos de explotación das obras, consistentes na reprodución, distribución e comunicación pública, os cales se farán sempre co recoñecemento da súa condición de autor excepto manifestación en contra.
Praza do Concello 1. 36.700 Tui – Pontevedra. Teléfono 986 60 36 25 prensa@concellotui.org
www.concellodetui.org | Facebook | Twitter
Nota de Prensa
Os autores serán os únicos responsables de que non existan dereitos a terceiros nas obras presentadas, nin reclamación algunha por dereito de imaxe, eximindo ó Concello de Tui de calquera tipo de responsabilidade.
Base 11.- A participación neste concurso implica a aceptación de todo o recollido nestas bases. As concellería de Turismo e Cultura do Concello de Tui resérvanse o dereito de modificar estas bases, así como de regular calquera aspecto non contemplado nas mesmas.
Sem comentários:
Enviar um comentário