Estanse a estudar as dúas alegación presentadas á primeira fase, e está xa redactado o proxecto da segunda fase. Suporá un investimento total de 2 millóns de euros
A apertura da rúa Ourense será realidade en 2017, o que suporá un cambio transcendental no núcleo urbano tudense facéndose realidade unha vella aspiración do municipio. Tras rematar a exposición pública do proxecto da primeira fase obra, comprendida entre a rúa O Rosal e a rúa Colón estanse a estudar as dúas alegacións presentadas referidas as valoracións dos locais de negocio. Unha vez contestadas sacarase a licitación a obra, orzamentada en 984 mil euros con cargo ao remanente de tesourería, aprobado en pleno no mes de maio, polo que os traballos poderán iniciarse nos primeiros meses de 2017.
Mentres a segunda fase da obra comprendida entre a rúa O Rosal e a Avenida da Concordia conta xa co proxecto construtivo. No mesmo contémplase a apertura dun vial de 160 metros de lonxitude por 21 metros de ancho. Para a súa execución será preciso a expropiación de dúas vivendas situadas no enlace entre a rúa Ourense e a Avenida da Concordia, así coma dunha franxa da Finca Patazumba, onde amais será preciso trasladar o canizo existente. O orzamento total do proxecto ascende a 1.042.225 € dos que 632.037€ corresponden a execución da obra e 410.188€ ás expropiacións. O obxectivo é financiala con cargo ao remanente de tesourería polo que será levado ao pleno deste mes o expediente de créditos correspondente. O prazo de execución unha vez adxudicada a obra será de 4 meses.
A execución total da apertura da rúa Ourense que comunicará o centro urbano dende a Avenida da Concordia ata a rúa Colón suporá mudar completamente o tráfico no centro urbano permitindo así desconxestionar a rúa Augusto González Besada, acometendo a súa humanización, a posibilitará o cambio de dirección nalgunhas rúas que pasarán a ser de sentido único.
Sem comentários:
Enviar um comentário