Este sábado 29 na casa betuneira celebramos a chegada do inverno co noso primeiro magosto.
Ás 16h comezamos co curso de cabazos de samaín para nenos/as (máis info no evento: )
Dende ás 18h arrancamos a festa que contará con castañada a prezos populares, viño de Vimbio e selección musical dos socios/as betuneiros.
Ás 20:30h é o turno de Joao Tomba que presenta na casa betuneira o seu último traballo “Veterano de las cruzadas tecnológicas” co que ademáis de bailar reíremos un cacho.
E dende ás 23h a cabina betuneira será o territorio dos ritmos e as melodías de Sutta Enki Dub, sing-deejay co que será imposible manter quetos os pés.
A entrada é de balde. Achégate á Asociación Cultural Betún a pasar un sábado diferente!
Sem comentários:
Enviar um comentário