Iago Fernández (Cangas, 1987) comezou os seus estudos de música no “Conservatorio Profesional de Música de Cangas” na especialidade de percusión obtendo o grado medio. O seu primeiro contacto co jazz foi no “Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra (SPJP)” impartido por Abe Rábade e Paco Charlín, cursándoo catro anos que incluíron master classes e concertos con artistas invitados. En 2005 e 2006 asiste al “Workshop de Tavira” (Portugal) onde recibe clases de Tony Moreno, John O'Gallagher, Allan Ferber, Dave Phillips, Rez Abasi, Russ Johnson e Russ Lossing. En Agosto de 2009 asiste ao "Begues Jazz Camp" para recibir clases de Ben Street, Mark Turner, Jorge Rossy, Ben Monder e Michael Kanan. En 2010 gradúase no “Centro Superior de Música del País Vasco, Musikene” (especialidade de jazz-batería) no cal recibe clases de Jorge Rossy, Perico Sambeat, Jo Krause, Albert Sanz, Guillermo Klein e Chris Kase entre outros. Tocou nos festivais e ciclos de jazz máis importantes do país: Getxo, Badajoz, Ibiza, Barcelona, Vigo , Madrid, Mallorca, Valencia, San Sebastián, Las Palmas, etc. Tamén en Ecuador, Alemania, Dinamarca, Francia, Italia e Portugal, con músicos como: Avishai Cohen, Omer Avital, Perico Sambeat, Marcus Strickland, Lage Lund, Masa Kamaguchi, Javier Colina, Albert Sanz, Chris Kase, Jorge Rossy, Guillermo Klein, Andrzej Olejniczak, Logan Richardson, Bob Sands, Cecilia Coleman, John O'Gallagher, David Virelles e Petros Klampanis entre moitos outros. Ademáis de ter gravado máis de vinte traballos como colaborador, Iago conta con tres discos ao seu nome, Agromando (2011), Acougo (2015) e Brisa (2016) recén publicado polo prestixioso selo barcelonés Fresh Sound New Talent. Para este terceiro traballo Iago rodeouse duns músicos polos que sinte real admiración e sobre todo moita conexión tocando.
Iago Fernández - batería
Enrique Oliver - saxo tenor
Wilfried Wilde - guitarra
Demian Cabaud - contrabaixo
socios/as beta 5€
betuneiros/as de balde
Sem comentários:
Enviar um comentário