Xa foi inaugurada na Sala de Exposicións Municipal, na Área Panorámica a exposición “Militaria II. Tui e a BRILAT, 50º Aniversario”. Trátase dunha mostra organizada polo Concello de Tui co gallo do 50 aniversario da Brigada de Infantería Lixeira Bril-Brilat Galicia VII. O acto inaugural correrá a cargo do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e do xeneral xefe da BRILAT, Luís Cebrián. Tamén acudirán outras autoridades locais e os mandos do Rexemento Isabel La Católica 29 e os xefes dos batallóns da Brigada.
En Militaria exhíbense por unha parte quince coleccións filatélicas de variada temática de filatelistas de todo o sur da provincia. Por outra expóñense guións e estandartes da BRILAT xunto a outras pezas da brigada lixeira coma unha motocicleta e un lanzagranadas dos insurxentes afgáns, e outros obxectos ligados ás misións internacionais que realizan. A Cámara de Valença, que colabora no evento, presenta as maquetas do Museo Municipal da segunda Guerra Mundial. Amais por parte de coleccionistas privados achéganse libros, maquetas e pezas dedicas á Garda Civil, e soldados de chumbo e cerámica. Neste evento presentaranse dous selos personalizados, un sobre a bandeira e o escudo de Tui e outro da Eurocidade, e haberá un mataselos conmemorativo dedicado aos 50 anos da BRILAT.
A exposición permanecerá aberta ata o domingo 6 de novembro, podendo visitarse de luns a venres de 9 a 21h e os sábados, domingos e festivos dende ás 10h.
Sem comentários:
Enviar um comentário