O Centro de Formación Ocupacional do Concello de Tui acolle nas próximas semanas catro accións formativas dirixidas a persoas en risco de exclusión social en colaboración con Vontade, a Asociación de Discapacitados do Baixo Miño. Trátase de cursos financiados pola Consellería de Política Social e en colaboración co equipo de inclusión social da comarca.
O primeiro dos cursos celebrarase dende este mércores 19 ata o mércores 26 deste mes outubro formando aos doce alumnos participantes en “Iniciación de actividades forestais”. Por outra parte do 2 ao 25 de novembro celebrase o curso “Aprovisionamento e almacenaxe na venda”. Xa en 2017 impartiranse os cursos “Iniciación á limpeza industrial” do 16 de xaneiro ao 1 de febreiro, e “Atención sociosanitaria a persoas con discapacidade en centros de día” do 2 de febreiro ao 29 de marzo. Todas estas actividades impartiranse de 16 a 20h e as prazas están xa cubertas por persoas que forman parte do plan de inclusión. Haberá 12 alumnos por curso.
Sem comentários:
Enviar um comentário