Por terceiro ano consecutivo, Tui será sede dunha das probas do Open de Andainas 25 quilómetros, organizado polo Club Xistra de Vigo, coa colaboración da Federación Galega de Montañismo, o Concello de Tui e a Entidade Menor de Pazos de Reis.
Este domingo 16 de outubro, dende o pavillón deportivo da Macoca, sairá esta quinta e última proba que resolverá os campións da Copa de Andainas Populares de Regularidade, tras as realizadas en Vigo, Pontedeva, Montes de Vigo e Gondomar.
A recollida das acreditacións empezará ás 08.15 horas, sendo a reunión técnica ás 08.45 horas e a saída ás 09.00 horas.
O trazado partirá dende o Pavillón da Macoca, subindo ata o Castro do Alto dos Cubos. Baixará cara ós muíños de Tripes e logo ascenderá ata a senda botánica e o Centro de Interpretación do Parque. Pasará pola Pedra do Acordo. A última ascensión será ata a Capela de San Xulián no Monte Aloia, para descender polo Rego de Pedra e retornar ó Pavillón da Macoca.
As inscricións aínda están abertas a través da páxina web www.xistra.org/copaandainas25
in Cousas da Tua Revista
Sem comentários:
Enviar um comentário