Co gallo da celebración do día de Defuntos o próximo luns realizarase unha visita guiada especial polos cemiterios e cárceres do conxunto histórico de Tui. Ás 20h sairá dende a Praza da Inmaculada este percorrido guiado polo historiador tudense Suso Vila, quen, durante unha hora, dará a coñecer aos asistentes os camposantos e espazos carcelarios que houbo ao longo da historia na cidade.
Esta visita ten carácter gratuíto e para participar só é preciso estar un pouco antes das 20h na Praza da Inmaculada.
Por outra parte o próximo martes, 1 de novembro, cambia o horario no que dende comezos do verán se están a realizar as visitas guiadas gratuítas. Serán de martes a venres ás 12h polo Tui xudeu e ás 18h polo Tui medieval, e os sábados e domingos ás 13h polo Tui xudeu e ás 19h por Santo Domingo. O punto de saída para todas as rutas é a Praza da Inmaculada.
Sem comentários:
Enviar um comentário