A Federación Galega de Balonmán realizará esta fin de semana unha concentración no noso concello coa selección cadete feminina, na que adestrará e pernoctará nas instalacións deportivas municipais.
Así, dende o domingo 30 de outubro ata o día 1 de novembro, un total de 18 xogadoras das provincias de Pontevedra e Ourense e 2 técnicos, aloxaranse no Centro Interfederado de Tui e adestrarán no pavillón deportivo do IES San Paio de Tui, con motivo da preparación do Campionato de España de Seleccións Territoriais, que este ano se celebrará nas localidades de Lloret de Mar e Blanes, entre o 2 e o 7 de xaneiro de 2017.
As xogadoras seleccionadas son:
· Seis do Nadal: Andrea Fernández, Silvia Leiras e Ángela Rodríguez.
· S.A.R.: Goretti Miguel.
· BM Porriño: Aitana Santomé, Estela López, Marta Martínez e Carme Castro.
· A.D. Carballal: Uxia Ferreiro, María Lidia Portela, Sarai Espiñeira, Lara Docampo e Julieta Álvarez.
· BM Lalín: Celia Pedreira e Sandra Blanco.
· BM Pabellón Ourense: Ruth Sánchez.
· BM Cangas: Ana Fernández e Antío Piñeiro.
Sem comentários:
Enviar um comentário