Monte Aloia Primeiro Parque Natural de Galicia e, segundo a lenda, o antigo Monte Medulio
O Parque Natural do Monte Aloia conta dende esta semana cun novo espazo de información a través da nova web dos Parques Naturais de Galicia, presentada na Feria de Turismo Fitur en Madrid.
Nesta nova web o Parque Natural do Monte Aloia conta cunha sección especial na cal o usuario pode atopar toda a información sobre Servizos, Rutas, datos de interese e mesmo recomendacións e outros recursos.
"Parque Natural do Monte Aloia - O primeiro Parque Natural de Galicia
Situada no límite sur da Serra do Galiñeiro, a atalaia do Monte Aloia presenta como un dos seus principais atractivos as vistas panorámicas dos vales dos ríos Miño e Louro. O punto máis elevado está no alto de San Xiao (664 m), o lugar máis visitado deste enclave. Foi o primeiro Parque Natural de Galicia, declarado o 04/10/1978, aínda que coas súas 746 hectáreas, é o máis pequeno dos seis que hai na comunidade.

Dispón dunha extensa rede de camiños, 6 miradoiros e multitude de merendeiros para gozar da natureza a carón da "raia húmida" coa veciña Portugal.
Os terreos son propiedade da Entidade Local Menor de Pazos de Reis e da Comunidade Veciñal de Montes en Man Común da parroquia de Rebordáns.
Infominho
Sem comentários:
Enviar um comentário