A entrada será libre e gratuíta. Oito agrupacións participan este sábado no I Festival Zonal de Bandas de Música da Deputación de Pontevedra Celébrase no Teatro Municipal a partir das 16.30h
Máis de 500 músicos pertencentes a oito agrupacións do sur da provincia de Pontevedra vanse dar cita esta sábado no I Festival Zonal de Bandas de Música que organiza a Deputación de Pontevedra. Comezará ás 16.30h no Teatro Municipal de Tui.
O festival foi presentado esta mañá na Casa do Concello de Tui polo deputado de Cultura, Jose Juan Durán e polo concelleiro de Cultura de Tui, Moisés Rodríguez.
Moisés Rodríguez indicou que é un orgullo e un privilexio facer este festival en Tui. Unha cidade que salientaba pouco a pouco se foi convertindo nun referente cultural, grazas á colaboración da Deputación. Unha institución á que agradecía a celebración deste festival na cidade.
Mentres José Juan Durán explicou que dende que hai uns anos a Deputación apostou por descentralizar a súa actividade cultura tiveron claro que Tui era o epicentro dunha ampla zona da provincia dende o punto de vista cultural. De aí as actividades que se celebraron xa e as que terán lugar no futuro.
Explicaba que Tui fíxose acredor “por dereito propio” para albergar este certame pola gran acollida que tiveron con anterioridade os certames de bandas de música, grazas tanto a resposta do público coma a que o Concello de Tui é “un perfecto anfitrión das actividades culturais”.
No festival van participar un total de oito agrupacións. Serán a Banda de Música de Chapela, a Agrupación Musical Artística de Arcade, a Banda de Música Cultural de Arcade, e a Banda de Música Municipal de Redondela na sección terceira. Na sección segunda participarán a Agrupación Musical de Goián e a Agrupación Musical de Belesar, e por último na sección primeira a Banda de Música Cultural de Salceda de Caselas e a Agrupación Musical do Rosal. Cada unha delas deberá interpretar unha peza galega ou de inspiración galega e outra libre.
A entrada para o festival no Teatro Municipal de Tui, que comeza ás 16.30h, é libre e gratuíta.
I Festival Zonal de Bandas de Música Deputación de Pontevedra
Data: Sábado, 9 de abril, ás 16.30h
Lugar: Teatro Municipal de Tui
Entrada libre e gratuíta
Sem comentários:
Enviar um comentário