terça-feira, 19 de abril de 2011

MAÑÁ MÉRCORES PRESÉNTASE O CLUB ATLETISMO TUI - THERMALIA


O CLUB ATLETISMO TUI - THERMALIA vai facer a súa presentación oficial este MÉRCORES 20 de Abril, no Salón de Plenos do Concello de Tui.
O acto terá para as 11.30 da mañá e contará coa presenza do presidente do Club, Rafael Pérez Rego, o directivo, responsable de prensa, Justi Peixoto Andrés, o xerente de Thermalia-Tui, patrocinador do equipo, Pablo Freiría Fernández, o Presidente da Delegación Viguesa de Atletismo, Eleuterio García, e o alcalde de Tui, Antonio Fernández Rocha.
Asistirá tamén a ex - atleta internacional tudense, Dolores Pedrares, que vai exercer de madriña do Club.
Aproveitarase a ocasión para dar a coñecer todos os datos da CARREIRA POPULAR DE SAN TELMO, que terá lugar en Tui o domingo 1 de Maio, e que este ano organiza o Club Atletismo Tui - Thermalia.

Sem comentários:

Enviar um comentário