quinta-feira, 14 de abril de 2011

A Oficina Municipal de Turismo abriu hoxe as súas portas no Paseo da Corredoira


Abre todos os días de xeito ininterrompido de 10 a 20
Dende hoxe xoves, 14 de abril, está aberta a Oficina Municipal de Tui no Paseo da Corredoira. Emprazada na caseta de madeira instalada o pasado ano para este cometido a Oficina está atendida por dúas persoas, dúas Diplomada en Turismo que foron contratadas polo Concello de Tui durante un período de oito meses grazas a unha subvención concedida polo Padroado de Turismo Rías Baixas dependente da Deputación de Pontevedra. O horario de apertura, todos os días da semana, de 10 a 20h.
A Oficina Municipal de Turismo está situada nun lugar clave de paso obrigado para cantos visitan a cidade. Na mesma os turistas e visitantes atopan información sobre os lugares de interese do municipio e da comarca, as actividades culturais e deportivas previstas, e as alternativas de ocio que existen.
O Concelleiro de Turismo, Moisés Rodríguez, salienta a importancia deste punto de información turística para promoción turística da cidade. Destaca amais a apertura da oficina xusto antes da Semana Santa e das Festas de San Telmo para atender aos visitantes que se acheguen nesas datas ata Tui.

Sem comentários:

Enviar um comentário