terça-feira, 5 de abril de 2011

Xa comezou o despregamento da súa rede de fibra óptica no Concello de Tui


Está previsto que preto de 1.800 fogares e empresas de Tui dispoñan de conexión directa á rede de R para acceder aos servizos integrados de teléfono, internet de alta velocidade, televisión dixital e móbilR
O municipio pontevedrés de Tui pasará a formar parte do grupo de cidades e concellos galegos que dispoñen de conexión directa á rede de telecomunicacións de última xeración que o operador está a despregar en toda a comunidade autónoma.
R prevé levar os servizos integrados de teléfono, internet de alta velocidade, televisión dixital e móbilR a uns 1.800 fogares e locais empresariais do municipio. Cun investimento aproximado a medio prazo de 1,22 millóns de euros -dos que xa se investiron case medio millón- R despregará arredor de 4 quilómetros de canalizacións e máis de 1 quilómetro de fibra óptica en Tui. De feito, arestora xa se están desenvolvendo os traballos de obra civil para conectar fogares e empresas deste concello pontevedrés á rede de R na rúa Martínez Padín e de contado farase o mesmo nas rúas Rosa Bahamonde e Foxo.
As previsións apuntan que as tarefas de canalización rematarán ao peche de 2011 pero os habitantes de Tui xa poderán recibir os servizos de R a finais do mes de setembro deste ano.
novos servizos
Grazas á nova e potente rede de fibra óptica que R está construíndo, rúa a rúa, os habitantes de Tui disporán de chamadas gratis a todos os fixos estatais e poderán contratar un servizo de televisión temática multicanle con calidade de imaxe e son dixitais por fibra óptica, máis de 90 canles, guía e miniguía electrónicas de programación e múltiples posibilidades de interactividade. O vídeo baixo demanda e máis a televisión en alta definición completarán este ano o servizo de televisión R. Por outra banda, tras pouco máis dun ano do lanzamento do servizo de móbilR, integrado na oferta de telecomunicacións do operador galego, R xa conta con máis de 90.000 liñas e é pioneiro neste mercado ao ofrecer chamadas gratis a móbiles de calquera operador dende o teléfono fixo para todos os seus clientes de televisión dixital e gratis a móbiles R para todos os seus clientes.
Plan de Banda Larga da Xunta de Galicia
R, presente xa en 76 localidades da comunidade, continúa despregando a súa rede en Galicia para poder ofrecer, entre outras cousas, servizos de telecomunicacións cun acceso a internet de 100 megas de baixada e 5 megas de suba e cun caudal garantido do 80%. A Xunta de Galicia, a través do seu Plan de Banda Larga 2010-13 deulle o empurre definitivo á iniciativa do operador achegando 28 millóns de euros (un 21%) dos 129,6 millóns previstos no investimento total para despregar as redes de nova xeración na comunidade. Unhas redes con inxentes posibilidades que serán a base de servizos diferenciais e elementos imprescindibles para o desenvolvemento empresarial e a xeración de emprego en Galicia. O Plan do goberno autonómico ten como primeiro obxectivo posibilitar o acceso á rede de todos os galegos, especialmente aos que viven nas zonas con máis dificultades de cobertura.

Sem comentários:

Enviar um comentário