O Concello de Tui está traballando para iniciar proximamente a peonalización do conxunto histórico limitando o acceso de vehículos a este ámbito patrimonial para lograr a súa conservación e posta en valor. Unha das medidas previas é coñecer os vehículos dos residentes nesta zona monumental de Tui aos efectos de artellar logo o seu acceso mediante un mecanismo de control.
As concellerías do Conxunto Histórico e de Tráfico informan que está aberto, ao longo do mes de setembro, o prazo de revisión/actualización do padrón de vehículos dos residentes no conxunto histórico. Existe un impreso normalizado que coa documentación requirida poden entregar os interesados na Secretaría do Concello de Tui entre as 09,00 e as 14,00 horas de luns a venres e os sábados de 09,00 a 13,00 h. ao longo do presente mes de setembro.
O impreso está tamén accesible a través da páxina web do concello, apartado “outros” ou no seguinte enlace:
Nicolás Lorenzo Montes, concelleiro do conxunto histórico, e Ángel Gutiérrez González explican que esta revisión do padrón ten como obxectivo actualizar estes datos para coñecer con detalle o número de vehículos dos residentes neste casco histórico para estudar as posibilidades existentes de estacionamento neste área e promover a súa humanización mediante un control de acceso dos vehículos e a peonalización deste ámbito patrimonial.
O Concello de Tui xa lle ten comunicado a todos os propietarios do conxunto histórico esta medida e outras que promove o Concello (limpeza de solares e edificios, enlucido de portas e vanos, horarios de depósito de lixo, axudas ao abeiro da Área de Rehabilitación, etc.) para a revitalización deste área tanto a nivel turístico e patrimonial como para lograr unha mellores condicións de vida para os seus residentes.
Sem comentários:
Enviar um comentário