quinta-feira, 15 de setembro de 2011

Iacobus Tui



O mércores 14 de setembro, as sete da tarde, a Xunta Directiva de Iacobus, Cofradía de Santiago de Tui e Baixo Miño, reuniuse co Alcalde de Tui, D. Moisés Rodríguez, no Concello.
Nun ambiente distendido, trataron diferentes asuntos relacionados co Camiño Portugués a Santiago,ao seu paso por Tui, como a acollida, a información aos peregrinos e os servicios necesarios.
O Alcalde ofreceu toda a súa colaboración ao traballo que Iacobus está a facer neste campo.

Sem comentários:

Enviar um comentário