sexta-feira, 16 de setembro de 2011

ATA O 27 DE OUTUBRO ESTÁ ABERTO O PRAZO DE MATRICULA NA AULA DA UNED DE TUI


Dende onte, 14 de setembro, e ata o vindeiro 27 de outubro está aberto o prazo de matrícula no curso de acceso á universidade para maiores de 25 e de 45 anos que imparte a Aula da UNED de Tui.
Esta matrícula é necesario realizala on-line a través da páxina web: www.unedpontevedra.es. Os interesados poden acceder a información sobre esta oferta educativa nesta páxina web ou acudindo directamente á sede da UNED de Tui no antigo convento de San Domingos en horario de 10 a 13 ou de 17 a 19,30 horas ou ben chamando ao teléfono 986 60 51 50.
Neste curso de acceso poderán matricularse aquelas persoas que non teñan a titulación requerida para o ingreso na Universidade ou no caso de maiores de 40 anos cómpre unha acreditación da experiencia profesional e laboral.
Este será o segundo ano de funcionamento da Aula da UNED en Tui logo da moi positiva experiencia do primeiro curso, con máis de oitenta alumnos matriculados e coa impartición na sede da UNED tudense das titorías correspondentes ás que poden acudir os alumnos matriculados
O Concello de Tui congratulase pola consolidación deste Aula da Universidade Nacional de Educación a Distancia que favorece deste xeito o acceso á educación superior aos veciños de Tui e a súa bisbarra que xa non teñen de desprazarse ata Pontevedra para asistir ás clases ou titorías das diversas materias.
Esta Aula da UNED de Tui completa a ampla oferta de ensino que proporciona o Concello de Tui aos seus veciños e que abrangue a Escola Oficial de Idiomas, o Conservatorio de Música, etc.
O goberno municipal tudense entende que a presenza deste centro universitario en Tui é unha excepcional noticia pois acredita o importante esforzo económico que o Concello de Tui realiza en materia educativa e de formación, dende o convencemento de que é unha das principias ferramentas para garantir a igualdade de oportunidades no acceso á formación académica, especialmente nestes tempos de crise onde este recurso é fundamental para a inserción laboral e profesional dos cidadáns.

Sem comentários:

Enviar um comentário