quarta-feira, 7 de setembro de 2011

A OFICINA MUNICIPAL DE TURISMO DE TUI ATENDEU A 9.294 TURISTAS NO PASADO MES DE AGOSTO

A Oficina Municipal de Turismo do Concello de Tui atendeu ao longo do pasado mes de agosto 9.294 consultas na súa sede do Paseo da Corredoira. Segundo os datos que achega a concelleira de turismo, Raquel Lorenzo Pimentel, o desglose desta consultas é o seguinte:
  • 8.121 consultas efectuadas por turistas nacionais, destacando as cifras de 1979 turistas procedentes de Madrid, 1.097 de Cataluña e 1.032 de Andalucía.
  • 1.173 turistas estranxeiros efectuaron consultas nesta oficina municipal, salientando os franceses con 278 consultas, portugueses con 277 e os italianos con 188.
  • deste total 594 consultas efectuadas por peregrinos, deste número 420 de procedencia española ( 96 de Andalucía, 72 da Comunidade Valenciana e 62 de Madrid) e 174 internacionais (46 peregrinos italianos, 23 alemáns, 16 portugueses e outros 16 procedentes dos Estados Unidos de América).
Os datos de consultas na Oficina Municipal, tudense neste ano 2011 se manteñen nos mesmos parámetros que nos anos anteriores. Por exemplo no 2010, sendo Ano Santo Compostelán, foron 9.717 as consultas efectuadas ou 8.900 no mes de agosto de 2009.
Para a responsable de turismo tudense estes datos estatísticos evidencian que, a pesares da crise, o movemento turístico na nosa cidade aguantou no número de visitantes no pasado mes de agosto, testemuñando a importante afluencia rexistrada ao longo do pasado mes de agosto na nosa cidade atraídos pola riqueza monumental e paisaxística de Tui.
Raquel Lorenzo salienta tamén o importante esforzo realizado polo Concello tudense para resolver a problemática do peche da Oficina de Turismo da Xunta de Galicia en Tui, e que grazas as xestións realizadas polos responsables municipais foi autorizada a súa reapertura con persoal do Concello, que garantiu así o seu normal funcionamento no mes de máxima demanda.
A Oficina Municipal de Turismo sita no Paseo da Corredoira está aberta ao público todos os días neste enclave emblemático da nosa cidade oficina, o seu número de teléfono 677 418 405 e o horario de apertura ao público de 10h a 20h de luns a venres e 10h30 a 14h30 – 15h30 a 19h30 as fins de semana.

Sem comentários:

Enviar um comentário