A Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui acolle mañá, venres 23 de setembro ás 20,00 horas, a inauguración da exposición que baixo o título de “Conexións” presenta unha selección de obras de “escultopintura” de Xosé Rivada e de pinturas de Mercedes Groba.
Con esta nova exposición a Concellería de Cultura do Concello de Tui que dirixe a concelleira Vanesa Rodríguez Pereira continúa a desenvolver un amplo programa expositivo nesta Sala Municipal do edificio “Área Panorámica” que ofrece agora unha nova mostra artística logo da exposición sobre a historia dos balnearios de Galicia presente nos meses de agosto e setembro.
Nesta mostra, informa Vanesa Rodríguez, podemos achegarnos as novas propostas artísticas de Xosé Rivada, ligado as terras tudenses ao longo de moitos anos, que continúa traballando a súa orixinal técnica da “escultopintura” da que poderemos ollar unhas elección nesta mostra xunto á obra da pintura Mercedes Groba.
Xosé Rivada (Verín, 1956) posue unha alongada trayectoria artística e está vencellado ao municipio tudense onde residiu ao longo de moitos anos. Na actualidade vive en Salceda de Caselas. Dende neno coñece Rivada o tratamento do metal e da oxidación do ferro e comeza a traballar o seu interese polo debuxo a través de óleos e acuarelas. En 1969 traládase a Madrid para completar a súa formación que completa noutras cidades como Bilbao, Barcelona, Zaragoza, etc cegando tamén ata México onde aprende o oficio do esmalte, aínda que realiza un proceso inverso ao tradicional.
Regresa a Galicia en 1985 e abre a súa etapa da “escultopintura”, na que atopamos referencias ao informalismo e a autores como Picasso, Millares, Rivera, grupo El Paso, etc. Posúe unha dilatada traxectoria de exposicións, esculturas públicas e premios que conforma unha das obras máis singulares do panorama da arte galega contemporánea.
Xosé Rivada é un artista sempre innovador,incansable que continúa investigando a forma e a materia como mesma ilusión de rapaz, pois a súa obra é unha loita e diálogo constante coa materia.
MERCEDES GROBA (Vigo). A partíres de 1994, logo de varias exposicións colectivas, realiza a súa primera exposición individual no Museo Diocesano de Tui.Dende aquela van mostras 27 individuais e 50 colectivas.
Entre outras cabería salientar: Bienal Art Dona (2000), Itinerante de Galicia (2000), Surrealismo Barcelona (2001), FAIM de Madrid (2002-03-04)-Casa de Galicia (Madrid) (2003), Homenaje a Dalí.Santiago de Compostela (2004), Pintoras Gallegas y Latinoamericanas (2004), Art Mart New Century Gallery New York (2004), Itinerante por Dinamarca (2005), etc.
Sem comentários:
Enviar um comentário